Blogia

zaidabel

Revisión do pensamento

En días anteriores, tanto en Novas Tecnoloxías como en Plástica, botamos a vista atrás e comezamos a recordar. En Novas Tecnoloxías lembrámosnos das diferentes correntes como o conductivismo( Paulov), o cognitivismo( Bruner), o constructivismo( Piaget) e pouco a pouco cada un foise sitúando ou apoiando unha.¿ Non sería horas de que aparecera outra corrente que tivera a mesma repercusión ca estas?

En Plástica, xa que somos tan calados usouse unha metodoloxía nova na aula. Con cartulinas de tres cores diferentes, iamos dando a nosa opinión( vermello-non, azul-si, amarelo-neutro),é unha táctica que no futuro supoño que nos tamén usaremos. En certo momento xerouse un pouco de polémica entre as Novas Tecnoloxías( a videoconsola) e os libros, pero isto fixo que cada un expresase libremente a súa opinión, coñecera novos puntos de vista, aprendera a respetar o turno de palabra... Clases coma esta consiguen que o alumno se faga consciente das súas ideas.

Malos costumes

Malos costumes

Hoxe na clase de plástica a parte de tratar o temario co que estamos,espúxose ou comentouse un tema moi importante: a  necesaria reflexión. Eu polo menos estou acostumada ,e é máis cómodo, que che den parte do traballo  feito e ter ben claro como o quere o docente. Se todos reflexionáramos adecuadamente a sociedade avanzaria máis no ben común e non no ben propio. Polo que parte do futuro dos novos cidadáns está nas nosas mans, na nosa capacidade de inculcarlles novos modelos de aprendizaxe, onde o protagonista sexa el. Através destas asiganturas,eu polo menos, doume de conta de que me costa moito pensar ("correctamente"), que me agobian e estresan situacións nas que haxa que pensar moito,e isto é moi triste. Isto todo defínese nunha frase que cada vez se estende máis:"Aprender a pensar y pensar para aprender".

Cando nos dixo que no primeiro proxecto non se trataba dunha descripción senón dunha reflexión, de como incidiu a forma na que se nos transmitou a arte, a plástica...na nosa vida, primeiro que pensei foi:¿ e eso como se fai?.

Na última clase que tivemos de Novas Tecnoloxías de certa maneira tamén se abordou este tema. Á hora de buscar información o que facemos normalmente é copiar e pegar, non analizamos a información, nin a contrastamos con outra...(algo por riba si pero sin afondar). Creo que através dos proxectos que se nos plantearon aínda que nos vai levar tempo facelos, ímonos desquiciar tamén imos aprender a aprender.

Sentimento artístico

Sentimento artístico

Hoxe na clase vimos diferentes formas artísticas, que nunca pensei que deran expresado tanto.

Aínda que nos fixemos ben, sempre hai detalles que se nos escapan, moitas veces necesarios para poder comprender a obra.

Tamén estivemos analizando algúns textos, por agora só lin o que escribiu Kerry Freedman, do que extraín o seguinte( pero de forma moi xeral):A identidade maniféstase mediante a arte, polo que no sistema educativo débense formar persoas con ideas propias tendo en contas as cuestións culturais e sociais e a importancia das relacións emocionais entre persoas. Sen deixar de lado o contexto no que se ubica.

 

Investigando sobre as TICs

Investigando sobre as TICs

Hoxe na clase teórica de Novas Tecnoloxías espuxéronse algunha das opinións acerca de porqué e para que as TICs.

Na miña opinión as TICs fan que sexamos máis autónomos, produce un aprendizaxe activo, facilita a individualización do aprendizaxe, a tecnoalfabetización.

Prodúcese un novo " rol" do alumno como un individuo activo( toma decisións, planifica o seu aprendizaxe, autoevaluase...),como persoa constructiva(proceso de retroalimentación, reflexión), como suxeito cooperativo(observ, modela e explota as contribucións que fan outros).

En certo modo através delas, tamén se concientizan da situación doutros países e da necesidade de cambio.

Progresando

Progresando

Hoxe comencei a entender como facer as presentacións no Power Point,asdemáis de xa aprender truquillos. Ahora tereino que poñer en práctica e ir aprendendo en parte mediante ensaio-error.

O que me pareceu moi interesante a forma ou metodoloxía que se empregou hoxe na clase. Primeiro explicousenos algúns dos diferentes planos, ángulos...e logo fixemos fotografías en base ó comentado anteriormente.

O malo é que nas escolas olvidase moi facilmente a práctica,centrándose só no saber teórico(un gran erro). A práctica axúdanos a comprender,dar significado e sentido á teoría e á propia vida.Pero...

¿De que nos serve o coñecemento teórico se non o sabemos aplicar á vida?

Todo o que aprendemos, os progresos, as loitas...pretenden unha mellora da vida, polo que a escola debe ser unha "comunidade" aberta, en continua relación co seu contorno.

Simulacro ou webquest

Simulacro ou webquest

Hoxe formamos os grupos e comezaremos a traballar no proxecto que se nos encomendou. Supoño que o comezo é o peor pois non sabemos moi ben como imos levar todo a cabo, non hai moita confianza entre os integrantes do grupo....

Pero como estivemos vendo o aprendizaxe é un proceso lento, gradual, polo que debemos levar todo con calma e intentar( na medida do posible) non agobiarnos.

Todo está supoñendo un cambio bastante grande para nos, e como é normal cóstanos adaptarnos.

Através da webquest que se nos plantexou teremos que analizar, sintetizar, comprender,transformar,crear...(como indica J.Adell). Estou de acordo en que  é unha boa metodoloxía de traballo, pero creo que é bastante complexa(xa que non estamos acostumados a levar este ritmo de traballo)e que necesitamos máis tempo do que temos.

Arte

Arte

 Da mesma maneira que hai que concienciar á sociedade da mellora que se pode obter mediante o bo uso das tecnoloxías, hai que facerlle ver a importancia da arte nos nenos.

A arte motiva ós nenos a expresarse, desenvolven determinadas destrezas e conceptos, aprenden a pensar por si mesmos e encontran a súa propia creatividade. É unha maneira máis de que experimenten e descubran através dos materiais que se lle aportan, utilizando todos os seus sentidos. Ó mesmo tempo permítelle que os nenos expresen as súas frustracións, tristezas, alegrías...(diferentes emocións).


 

Reflexión

Reflexión

Aínda que se queira progresar, hai que ter en conta que a sociedade non asimilou realmente o crecemento ou a aceleración da innovación tecnolóxica. En moitos casos tampouco é aproveitado polas empresas, que podían modificar as súas estructuras organizativas ás novas posibilidades que se ofrecen. Un dos grandes beneficios deste cambio é o aforro de tempo e de esforzo, xa que os docentes poderán acceder á información de tódolos lugares, contrastar ideas, buscar solucións...Poderíase falar dunha colexialidade virtual. Anque por outro lado é unha forma máis de socialización, de sometemento( en certo modo).

A SOCIEDADE

A SOCIEDADE

Como comentamos hoxe na clase, a medida que unha parte do mundo vai avanzando a outra vaise quedando estancada. Ó mesmo tempo  que a tecnoloxía se convirte nun medio máis de utilidade  convírtese tamén nun mecanismo de propagación da violencia( opinión propia).

O que me pareceu moi interesante, (que como todo na vida o que conta é a apariencia),  que se posúes diversos materias tecnolóxicos, aínda que non lle deas uso, xa se pode decir que vives nun lugar desenvolvido. Cando verdadeiramente podes ou es máis ignorante ca outros, xa que non "explotas" os recursos que tes ó teu alcance adecuadamente. 

Tamén é moi importante que o traballo cas TICS axudan a conseguir unha participación activa do alumnado, implicandoo así no proceso de ensino-aprendizaxe.

Moitas veces discútese se se deben utilizar as novas tecnoloxías na escola, cando o debate deberíase centrar en como se deben utilizar.

 

¿ A que chamarlle arte?

¿ A que chamarlle arte?

Cada un posúe unha concepción diferente de o que é o arte, pero paréceme moi triste que os debuxos que fan os nenos pequenos se consideren simples maragatos e que eles mesmos o vexan como iso. Eu creo que os nenos fan un arte diferente con moito valor simbólico e carga emocional, e en moitos casos son capaces de expresar máis eles que un adulto.(ISTO É A MIÑA OPINIÓN, CADA UN TERÁ A SÚA).

         Estos días en plástica estou vendo algúns cadros que nunca vira e que describen moi ben diferentes concepcións da realidades. O meu cadro preferido é "El grito" de Munch porque creo que describe moi ben a angustia que cada un leva dentro e quere "desfacerse" dela.

 Munch é pintor do drama humano marcado polas súas experiencias vitais. Ós seus cinco anos morre a súa  nai de tuberculosis, ó pouco tempo tamén fallece o seu irmau da mesma enfermedade. O tema da morte obsesionao.. Á morte a identifica ca muller.
 
     A Munch  preocúpalle o tema das relacións humanas, ten unha visión negativa da experiencia vital, da  indefensión humana,da soidade humana. O sexo é outro tema que lle provoca unha visión negativa. Vive angustiado, ten problemas psíquicos... o seu universo é a angustia vital. Todos estos sentimentos son os que volca na súa pintura. 
 

Este vai ser o meu weblog e o primeiro é buscarlle un nome

Tras moito pensar decidinlle chamar Zoe e en certa parte será a quen lle conte as miñas reflexións, dudas,inquedanzas das asignaturas:Novas Tecnoloxías e Didáctica da Educación Plástica. Por agora está un pouco cursi, pero co tempo supoño e espero que vaia mellorando a medida que vou aprendendo novos contidos, a utilizar mellor os recursos...Laughing