Blogia
zaidabel

Revisión do pensamento

En días anteriores, tanto en Novas Tecnoloxías como en Plástica, botamos a vista atrás e comezamos a recordar. En Novas Tecnoloxías lembrámosnos das diferentes correntes como o conductivismo( Paulov), o cognitivismo( Bruner), o constructivismo( Piaget) e pouco a pouco cada un foise sitúando ou apoiando unha.¿ Non sería horas de que aparecera outra corrente que tivera a mesma repercusión ca estas?

En Plástica, xa que somos tan calados usouse unha metodoloxía nova na aula. Con cartulinas de tres cores diferentes, iamos dando a nosa opinión( vermello-non, azul-si, amarelo-neutro),é unha táctica que no futuro supoño que nos tamén usaremos. En certo momento xerouse un pouco de polémica entre as Novas Tecnoloxías( a videoconsola) e os libros, pero isto fixo que cada un expresase libremente a súa opinión, coñecera novos puntos de vista, aprendera a respetar o turno de palabra... Clases coma esta consiguen que o alumno se faga consciente das súas ideas.

0 comentarios