Blogia
zaidabel

Malos costumes

Malos costumes

Hoxe na clase de plástica a parte de tratar o temario co que estamos,espúxose ou comentouse un tema moi importante: a  necesaria reflexión. Eu polo menos estou acostumada ,e é máis cómodo, que che den parte do traballo  feito e ter ben claro como o quere o docente. Se todos reflexionáramos adecuadamente a sociedade avanzaria máis no ben común e non no ben propio. Polo que parte do futuro dos novos cidadáns está nas nosas mans, na nosa capacidade de inculcarlles novos modelos de aprendizaxe, onde o protagonista sexa el. Através destas asiganturas,eu polo menos, doume de conta de que me costa moito pensar ("correctamente"), que me agobian e estresan situacións nas que haxa que pensar moito,e isto é moi triste. Isto todo defínese nunha frase que cada vez se estende máis:"Aprender a pensar y pensar para aprender".

Cando nos dixo que no primeiro proxecto non se trataba dunha descripción senón dunha reflexión, de como incidiu a forma na que se nos transmitou a arte, a plástica...na nosa vida, primeiro que pensei foi:¿ e eso como se fai?.

Na última clase que tivemos de Novas Tecnoloxías de certa maneira tamén se abordou este tema. Á hora de buscar información o que facemos normalmente é copiar e pegar, non analizamos a información, nin a contrastamos con outra...(algo por riba si pero sin afondar). Creo que através dos proxectos que se nos plantearon aínda que nos vai levar tempo facelos, ímonos desquiciar tamén imos aprender a aprender.

1 comentario

Tino y Jacobo -

HOLA somos Tino y Jacobo los
niños os fuimos a visitar.
TE quería preguntar si aprendistes con el "squeak"si tienes tiempo puedes contestar cuando puedas.
Adios Zaida.