Blogia
zaidabel

¿ A que chamarlle arte?

¿ A que chamarlle arte?

Cada un posúe unha concepción diferente de o que é o arte, pero paréceme moi triste que os debuxos que fan os nenos pequenos se consideren simples maragatos e que eles mesmos o vexan como iso. Eu creo que os nenos fan un arte diferente con moito valor simbólico e carga emocional, e en moitos casos son capaces de expresar máis eles que un adulto.(ISTO É A MIÑA OPINIÓN, CADA UN TERÁ A SÚA).

         Estos días en plástica estou vendo algúns cadros que nunca vira e que describen moi ben diferentes concepcións da realidades. O meu cadro preferido é "El grito" de Munch porque creo que describe moi ben a angustia que cada un leva dentro e quere "desfacerse" dela.

 Munch é pintor do drama humano marcado polas súas experiencias vitais. Ós seus cinco anos morre a súa  nai de tuberculosis, ó pouco tempo tamén fallece o seu irmau da mesma enfermedade. O tema da morte obsesionao.. Á morte a identifica ca muller.
 
     A Munch  preocúpalle o tema das relacións humanas, ten unha visión negativa da experiencia vital, da  indefensión humana,da soidade humana. O sexo é outro tema que lle provoca unha visión negativa. Vive angustiado, ten problemas psíquicos... o seu universo é a angustia vital. Todos estos sentimentos son os que volca na súa pintura. 
 

1 comentario

Ales -

Estou totalmente de acordo contigo en tódalas ideas que expresas. En canto ós rapaces... sen dúbida algunha os seus "garabatos" posúen un valor moito maior que o de moitas pinturas "adultas" que pretenden saber moito e ó final...

Coido tamén que hai que diferenciar entre o arte comercial e o arte en si, o espiritual. Comercialmente imaxínome que hai que manterse dentro duns parámetros definidos pola técnica, por exemplo nun cadro, nunha obra literaria, nunca composición musical,... Pero o meirande valor que lle atopo ó arte (e non me considero precisamente un profano na materia) é o de medio de expresión. Cada un a través do arte pode sacar o seu reflexo máis profundo, experimentar co que na vida real non se atreve, sobrepasar as fronteiras do ben e do mal que dicta a sociedade... E nese momento non importa demasiado se a técnica empregada é axeitada, se se corresponde cuns parámetros academicistas ou cunha evolución histórica... Nese momento é o individuo consigo mesmo, cos seus pensamentos e sentimentos, e ninguén pode marcar regras niso.

Eu persoalmente entendo o arte como unha forma de vida. Tento que a miña existencia sexa unha obra de grandes dimensións e cada cousa que fago son pequenas pinceladas da pintura final. A veces quizais alguén observa comportamentos estranos pero iso forma parte da obra, da provocación do representado,... é algo que eu sinto.

Perdoa polo rollo. Gustoume moito atoparte aquí e espero que a pesares de que comeces por un traballo da facultade cando o remates sigas compartindo con nós as túas inquedanzas.

Unha aperta