Blogia
zaidabel

Sentimento artístico

Sentimento artístico

Hoxe na clase vimos diferentes formas artísticas, que nunca pensei que deran expresado tanto.

Aínda que nos fixemos ben, sempre hai detalles que se nos escapan, moitas veces necesarios para poder comprender a obra.

Tamén estivemos analizando algúns textos, por agora só lin o que escribiu Kerry Freedman, do que extraín o seguinte( pero de forma moi xeral):A identidade maniféstase mediante a arte, polo que no sistema educativo débense formar persoas con ideas propias tendo en contas as cuestións culturais e sociais e a importancia das relacións emocionais entre persoas. Sen deixar de lado o contexto no que se ubica.

 

0 comentarios