Blogia
zaidabel

A SOCIEDADE

A SOCIEDADE

Como comentamos hoxe na clase, a medida que unha parte do mundo vai avanzando a outra vaise quedando estancada. Ó mesmo tempo  que a tecnoloxía se convirte nun medio máis de utilidade  convírtese tamén nun mecanismo de propagación da violencia( opinión propia).

O que me pareceu moi interesante, (que como todo na vida o que conta é a apariencia),  que se posúes diversos materias tecnolóxicos, aínda que non lle deas uso, xa se pode decir que vives nun lugar desenvolvido. Cando verdadeiramente podes ou es máis ignorante ca outros, xa que non "explotas" os recursos que tes ó teu alcance adecuadamente. 

Tamén é moi importante que o traballo cas TICS axudan a conseguir unha participación activa do alumnado, implicandoo así no proceso de ensino-aprendizaxe.

Moitas veces discútese se se deben utilizar as novas tecnoloxías na escola, cando o debate deberíase centrar en como se deben utilizar.

 

1 comentario

Ales -

O tema da sociedade é moi complexo e non vou profundizar aquí sobre a miña opinión que isto é só un comentario jajaja.

Sobre as novas tecnoloxías... coido que son un atraso. a paradoxa queda ben clara pois a suposta evolución que conlevan non fan mellorar a nosa calidade de vida senón a nosa infelicidade e dependencia. As novas tecnoloxías son meros productos da sociedade de consumo e ó único que aportan algún ben é a quen as vende.

Teriamos que cambiar a nosa condición de humanos para sacarlle algún proveito a todos estos avances. Pola miña parte, e permíteme a hipérbole, preferiría andar con taparrabos todavía aínda que nunca soubese o que é un ordenador, ou un móvil, ou unha cámara dixital,...

Unha aperta pesimista por mor da nosa condición de seres humanos