Blogia
zaidabel

Reflexión

Reflexión

Aínda que se queira progresar, hai que ter en conta que a sociedade non asimilou realmente o crecemento ou a aceleración da innovación tecnolóxica. En moitos casos tampouco é aproveitado polas empresas, que podían modificar as súas estructuras organizativas ás novas posibilidades que se ofrecen. Un dos grandes beneficios deste cambio é o aforro de tempo e de esforzo, xa que os docentes poderán acceder á información de tódolos lugares, contrastar ideas, buscar solucións...Poderíase falar dunha colexialidade virtual. Anque por outro lado é unha forma máis de socialización, de sometemento( en certo modo).

1 comentario

Ales -

Coido que os intereses da sociedade e o avance tecnolóxico non teñen moito que ver coa evolución do ser humano, senon cuns criterios económicos máis ben decepcionantes.

Aplicándoo á docencia... Non pode ser. Se non hai formación non se pode aproveitar nada e con 4 meses da materia de Novas Tecnoloxías ben pouco se fai. A carreira de maxisterio debería ser xa unha licenciatura porque contidos imprescindibles para traballar están quedando no camiño. Neste exemplo concreto, non se lle pode pedir ós mestres que empreguen os ordenadores nas aulas cando nin eles o saben facer. É coma o caso de Extremadura, que están a desenvolver o Linex como alternativa educativa a Windows... e como idea e declaración de principios está ben, pero o profesorado non ten coñecementos acerca dese sistema operativo. E o peor de todo é que por lúcida e boa que pareza a idea... o único que se persegue é o aforro que se consigue así nos ordenadores, que sen a licencia de Windows saen moito máis baratos...

Síntoo, os meus comentarios seguen a ser un pouco pesimistas. A próxima vez prometo aportar unha raiola de sol en forma de pensamento positivo.

Bicos