Blogia

zaidabel

Educar?

Aínda que tivese a sorte de dentro de dous anos ou tres poder estar dando clase creo que non estamos preparados para tan importante tarefa. Pero xa non é só o típico medo de afrontar unha nova situación,responsabilidade... E que polo menos no meu caso non teño os coñecementos suficientes, que lle vou decir a un neno cando me pregunte algo ó que eu non sei responder. Todos estos anos da vida se a nós nos educaran meior estariamos máis capacitados, pero ata fai pouco para nos aprender era chapar pa durante unha semana unha serie de aspectos,temas e logo se se olvida que máis daba. Como futura educadora como vou lograr non caer no erro no que sempre caen a maioría dos docentes, e que é imposible!?Cada vez doume conta que son máis inculta e moitas veces lembro cando era máis nova e miña nai decíame mira esto é un sauce, esto un olmo...e eu decíalle  si si, pero non lle facía moito caso e agora arrepíntome!

Novo curso, último ano

Xa estamos na meta final e o pasado xa se ve con outros ollos, polo que o difícil é o que ven agora. Cría que este ano non teriamos tantos traballos pero non é así, volvemos a necesitar tempo para nos mesmos, e eu ademáis estou cun curso de monitor de campamento, polo que o tempo, como se di, para min é ouro. Por agora aínda se vai levando pero cando volva estar na recta final creo que o estrés vai poder máis ca min. Sempre teño a esperanza que de verdade poida exercer como docente aínda que cada vez o vexo máis complicado.

Todo se andará

Seguindo o artigo " una piedra tirada en un estanque" tamén hai que decir que as ondas concéntricas aféctanlle máis a uns que a outros, e nadie é consciente da verdadeira repercusión nos demáis. Como non sempre as nosas palabras cobran o mesmo significado que para outra persoa, o que para nos pode ter moito valor para outros pode carecer del. Supoño que sempre estamos intentando que a realidade cobre un significado que se adecue a nos, sempre intentamos que o estanque estea en calma, intentando controlar todos os movementos, o que é imposible. Polo que temos que aceptar os efectos das ondas pensando que pronto se calmará e todo volverá á calma. Claro que como a formiga, aqueles que xa estén preparados para estes cambios veranse menos afectados e o esforzo que anteriormente levaron a cabo será gratificante; eso se espera.

Acabando de comenzar

Pensamos:¡ buf que pouco queda xa para acabar a carreira!, pero cando a acabemos estaremos empezando a enfrontarnos verdadeiramente ca vida. Todo aprendizaxe, ata o máis mínimo detalle deberá ser aplicado con agudeza. Como en todo o azar condiciona gran parte do noso futuro, pero non podemos deixar todo á vontade da sorte. Supoño que aínda que pensemos en desistir das nosas ilusións sempre haberá alguén que nos anime a loitar polo que queremos. Hoxe o esforzo é necesario para aprobar pero se chegamos a exercer como docentes o esforzo será necesario para sentirnos realizados. felices, sentirnos parte do futuro que deixan nas nosas mans. Polo que debemos esixirnos nos a nos mesmos, para intentar estar preparados para o día de mañá. Estamos coñecendo unha gran variedade de recursos didácticos que deberemos combinar da mellor forma posible.

Creo que sempre nos dará a sensación de que estamos empezando algo pero que nunca damos finalizado nada.

Tino e Jacobo

Tino e Jacobo

Este artigo vai para estes dous grandes mozos: Tino e Jacobo,.

Por un error ( supoño ), aínda me chegou hoxe un comentario voso, polo que vos pido desculpas por non vos escribir nada. Douvos as grazas por vir ata onda nos e ensinarnos que as metodoloxías que se aplican na aula están cambiando, espero que sempre teñades esa ilusión por aprender e por ensinar, tamén. Si que me sirveu de moito a vosa explicación, grazas a vos xa sei andar algo con Squeak, aínda que para saber andar ben teño que aplicarme ou estudiar algo máis.Seguro que os vosos diarios son máis bonitos ca este, cheos de historias que vos fan especiais, polo que debedes seguir escribindo nel as vosas inquedanzas, melloras...

 Fixome moita ilusión (o igual que ós meus compañeiros) que nos visitarades. Espero que esa non fose a última visita e que teñamos máis noticias vosas.

                                                   Un saúdo e un bico de ilusión.

Camiñando

Camiñando

¿ Como mostrar realmente o teu proceso de aprendizaxe?Hai aspectos que non sabes como plasmalos, outros seguro que se che olvidan, polo que é imposible saber o que realmente unha persoa sabe e aprende. Eu creo que un dos temas máis importantes é a ilusión que teñas ti de ser mestre, o cariño cos nenos, a capacidade para lle ensinar, para lle transmitir confianza e interese... pero quen nos ensina a nós isto?Ó longo da nosa vida houbo moitos aprendizaxes que tivemos que facer nós sos, pero nunca nos decatamos deles polo que non os valoramos. Eu creo que non só deberíamos valorar os logros senón tamén a capacidade que temos de superar as derrotas. Por eso, como en todo, nunca debemos olvidar cal é a nosa meta e darnos de conta e asumir que polo camiño sempre nos imos atopar moitos baches.

¿Como ver as cousas?

¿Como ver as cousas?

¿ Porque nos estresamos tanto se é peor? e o máis importante podemos ter todo matrículas e acabar traballando de algo que non nos gusta. Cando fixen as prácticas deime de conta que os nenos estresábanse moito que lle daban moito valor a cousas que non o teñen, situeime por primeira vez no punto de vista dun docente. Pensei que despois aprendería a ver o rol alumno- profesor de outra maneira pero agora que volvo ser alumna compórtome como os meus alumnos, xa olvidei do que me dera de conta ou agora xa non me ten sentido.

Vida e escola

Supostamente os nenos deberían aprender dun modo tridimensional, non  de dúas dimensións ( como di Donald Shifrin, destacado pediatra). Pero isto, encontra do que pretende, apoia a necesidade do uso das novas tecnoloxías. Xa que a escola vista dende o modelo tradicional é un ente separado da vida cotiá. Mediante as novas tecnoloxías acercarían a vida diaria ós nenos. Polo que aprenderían do hoxe, vivirían no hoxe e actuarían nel. As novas tecnoloxías non nos apartan da vida xa que elas forman coma nos parte dela. Aínda así creo que a escola ten que seguir esforzándose para que a escola avance canda a vida.¿Non temos sempre a sensación que cando a escola chega ó nivel da vida, ésta xa da un paso máis?

Chegando á meta final

Chegando á meta final

Aínda estamos empezando a aprender, a conocer os nosos coñecementos e espectativas...e cando nos deamos de conta xa terminamos. Para a semana xa estaremos todos estresados, xa que os traballos terán que estar terminados. Non quedará tempo e o máis importante que seguro que nos veñen agora todas as dúbidas de golpe ( e xa é moi tarde). Por agora xa podo decir que vin a arte dende outra perspectiva e que disfrutei xogando con ela. Tamén aprendín a utilizar novos programas, descubrín recursos increíbles que están ó alcance de todos...Pero creo que nunca estarei preparada para exercer como docente, hai moitos " problemas" que solo a vida nos da as solucións, pero ó mellor cando nolas de xa é tarde. Espero nunca perder a ilusión pola ensinanza.

(O ying yang é o símbolo que mellor representa a vida, para min.)

De todo se aprende

Tódolos modelos de aprendizaxe, teorías que no seu día estiveron vixentes, aínda que despois  non se adaptaran a nova concepción da realidade, serviron de punto de apoio e mellora. Por iso como se comentou onte na clase práctica, o conductismo non se pode ver totalmente como un modelo erróneo, xa que en moitos casos é necesario empregar métodos conductistas. Por exemplo, a memorización( como se estivo debatindo no foro) é un proceso tan necesario como outros para un correcto aprendizaxe.

Así que os propios erros sírvennos de guía cara á mellora. Non nos debemos frustar ante unha crítica didáctica, senón que a debemos agradecer. Aínda que a nos costanos facelas ós demáis compañeiros por se no la toman a mal.

Natureza artística

Natureza artística

O ser humano ó longo da súa evolución foi transformando a natureza. Agora nos tamén a debemos modificar para postrar nela os nosos sentimentos, denuncias... Debe convertirse noutro medio de expresión propio. Pero ¿como conseguir que os demáis capten a nosa mensaxe? Cada un ten unha visión da realidade, polo que a nosa obra coa natureza, pódelles transmitir o contrario do que pretendemos. Por agora xa vexo complexo buscar unha idea que nos guste a todas e aínda máis difícil plasmala na natureza. Moitas veces o entorno, xa fai por si so, grandes obras artísticas.

Mellora persoal

Mellora persoal

 Un dos principais beneficios que aporta internet é a información que nos ofrece, sempre e cando escollamos a adecuada. Como vimos noutras materias, en reportaxes ou mesmo na vida diaria; internet permítenos axudar a superar problemas, a coñecelos ou "diagnosticalos"... Para aquelas persoas que se sinten como bichos raros que non hai ninguén que os entende, danse de conta que hai moitas persoas como elas e que sempre se pode intentar buscar unha solución a ese problema. En certo modo internet axúdanos a non perder a esperanza ( aínda que isto soa algo esaxerado).

As novas tecnoloxías están no dominio dos homes  e por tanto dependendo do uso que lle deamos serán perxudiciais ou ventaxosas. ¿ Que utensilio, material, idea... non se pode volver perxudicial ou na nosa contra?

Cambio de papeis

Como me gustaría que cando eu fose pequena me houberan deixado dar clase a persoas maiores ca min. Agora digo eso pero seguramente se tivese a oportunidade daríame moita vergoña. En certo modo decimos que eles son máis listos que nos antes pero hai que ter moitos aspectos en conta xa que..¿ Serían igual de listos nos nosos tempos? ¿somos nos unha xeneración tan mala?

Hai que ter en conta que os nenos tiñan moi ensaiado a clase( creo eu) e iso disminúe algo o seu prestixio. Aínda así nótase que as novas tecnoloxías son parte da súa vida; sobre todo as relacionadas cos videoxogos. Ó mellor mediante as novas tecnoloxías os nenos aumentan a súa capacidade de atención "diversa".

O que é algo preocupante que os nenos dominaran mellor que os docentes as novas tecnoloxías.

 

¿Que comprar? ¿Que sentir?

¿Que comprar? ¿Que sentir?

A arte actualmente, como o propio individuo, converteuse nunha mercancía. Moita xente ( non toda), cando vai comprar un cadro o primeiro que mira é que vaia ca cor da parede, que combine co entorno onde se quere poñer...¿ e o que transmite? ¿ non ten importancia? ¿ por que os sentimentos están sempre nun segundo plano?

A arte debería ser valorada polo que transmite, polo que simboliza. Nela escóndense versos de sentimentos prisioneiros, que só podemos descubrir deixando o materialismo a un lado. Pero o máis importante como se decide o que ten valor e o que non.

 Ó mellor ata os propios sentimentos están socializados.

Da sinxeleza á complexidade

Cando se nos comentou o segundo proxecto de plástica ( as fotografías), pensei que non sería tan dificultoso. Pouco a pouco funme dando de conta da variedade de actividades, recursos que se obteñen através das fotografías. Isto conleva  saber seleccionar o máis representativo dos aspetos, temas que queremos tratar. Pero o máis representativo para uns non ten que ser o máis representativo para todos.

 O traballar en grupo, tanto en Novas Tecnoloxías como en Plástica, conleva "aceptar" ideas coas que non estás de acordo, adaptarte a horarios... Aprender a convivir, socializarnos noutro ambiente, replantearnos as nosas ideas, saber fundamentalas...

Ata o traballo máis simple pode acarexar dificultades se non se consigue unha mínima armonía¿ Como lograr un bo resultado e conseguir que as discrepancias sexan as mínimas? Aínda que através destas discrepancias aprendemos pero moitas veces tamén poden acarrexar máis complicacións.

Mellorando o noso futuro

Através do novo proxecto, estamos aprendendo novos métodos de ensino, que espero que nun futuro poida utilizar( xa que ó mellor a miña autonomía como docente está restrinxida). As webquest axúdanlle os nenos tamén a ver o aprendizaxe da escola máis próximo a vida cotiá.( Xa que moitas veces a escola parece un ente aparte da propia sociedade). O docente será un mediador no proceso de ensino aprendizaxe, que deberá intentar planificar e guiar o mellor posible ó alumno. Tanto o alumnado como o profesorado deberán avaliar os resultados, e en función disto buscar unha continua mellora.

 Pero á hora de elaborar a webquest débense ter moitos factores en conta, xa que dependendo de como guiemos ó alumno, conseguiremos uns resultados ou outros; canto máis limitemos o contido, os recursos máis controlado podemos ter o proceso pero isto imposibilita unha maior aprendizaxe ou que sepan afrontar mellor os problemas...

En plástica através do traballo que imos facer( nos sobre os rostros) creo que nos vai axudar a entrar máis en contacto coa nosa propia terra, ver a fotografía e os seus usos doutra maneira, involucrarnos dunha forma verdadeiramente persoal... Para min un dos aspectos máis importantes é poderlles mostrar a todos aqueles rostros cheos de sentimentos que hai polas rúas, que moitas veces vemos ó longo do día e nunca nos detemos.

Tamén quero mencionar a "iniciativa" que toumou hoxe google poñendo o seu nome cun toque de Joan Miró, e acercándonos así a súa obra e ó que pretendía expresar. Na miña opinión os cadros de Miró, permiten que todos nos identifiquemos con algunha pincelada da súa obra, xa que non son trazos cun significado uniforme, a nosa imaxinación está aberta a un montón de posibilidades. O título que ten cada obra, xa nos orienta pero nos podemos engulirnos verdadeiramente nese cadro deixando as palabras nun segundo plano.

Prácticas na facultade

Ata o de agora as únicas prácticas que se fixeron, foron nun centro de ensino que se nos asignou ou asignámosnos. Pero onte, con gran satisfación, tamén fixemos un simulacro ou unha "práctica" na propia facultade. Eu creo que é necesario que algunhas clases se desenvolvan desa maneira, que aínda que  poidan resultar amenas e instructivas da forma  na que se están a levar, sempre é bo que nós nos metamos de novo no papel do alumnado de primaria. En certo modo  temos no noso poder a maneira de integrar os dous mundos (o do alumnado e o do docente) e utilizar este coñecemento para mellorar o proceso de ensino-aprendizaxe. É moi positivo que sexamos capaces de poñernos no lugar de outras persoas, sendo capaces de (se algún día exercemos) non olvidar os sentimentos, sensacións, coñecementos, gustos de cando eramos discentes. Así acercarémonos máis ós nosos alumnos, o que lles permitirá ter máis confianza( supostamente) para plantear as súas dúbidas. 

Rutinas

Rutinas

Dende que eramos pequenos soamente nos deixaban falar cando a profesora o pedía e que o que dixeramos fora correcto, porque senón xa nos chillaban( polo menos a min). Isto foi facendo que ante o temor ó ridículo, que o docente se enfadara por non responder adecuadamente e a falta de liberdade de expresión, fomos collendo como rutina estar calados. A min polo menos resultame  difícil falar en público pois sempre sintes vergoña, medo... En bacharelato como se facían preguntas e ninguén contestaba, empezouse a intenter cambiar a rutina que dende pequenos adquirimos; pero xa é demasiado tarde. Polo que nos como futuros mestres temos que intentar modificar esta situación, senón os nosos soños dunha escola activa, participativa nunca se poderán facer realidade. Supoño que deberiamos empezar a cambiar esta rutina en nos, pero resulta moi difícil.

Unha materia importante

Unha materia importante

Cada vez a sociedade é máis violenta con sigo mesmo, algunha xente non se valora o suficiente...polo que creo que dende primaria sería necesario unha nova materia. O nome creo que podería ser moi variado dende autoformación, ata concientización... Nela deberíanse intentar resolver os conflictos que se producen na clase, no recreo...ensinándolle ós nenos a dialogar entre eles ( que o mesmo que se di cunha bofetada pódese decir cunha frase). Que determinados comportamentos, vanos beneficiar no futuro... Inculcarlles dende novos a solidariedade, cooperación...Por que este aspecto, normalmente sempre queda na teoría(aí está moi bonito, pero na práctica xa sería perfecto).

Outro aspecto é que moitos nen@s síntense poucos valorados, e o primeiro é que se queiran a eles mesmos. Hai que respetar ós demáis pero tamén te tes que facer respetar e respetarte. Moitas veces dende pequenos creanse complexos, nesta asignatura pouco a pouco intentaríanse resolver.

Xa sei que existe unha psicóloga, xeralmente en cada centro. Pero os nenos non se sinten cómodos ó ir ó seu despacho, polo que os demáis vaian a pensar...Se é unha asignatura todos terían a obligación de asistir.

Ó mellor comezando por isto conseguimos unha sociedade máis xusta na realidade e non no papel.