Blogia
zaidabel

Rutinas

Rutinas Dende que eramos pequenos soamente nos deixaban falar cando a profesora o pedía e que o que dixeramos fora correcto, porque senón xa nos chillaban( polo menos a min). Isto foi facendo que ante o temor ó ridículo, que o docente se enfadara por non responder adecuadamente e a falta de liberdade de expresión, fomos collendo como rutina estar calados. A min polo menos resultame  difícil falar en público pois sempre sintes vergoña, medo... En bacharelato como se facían preguntas e ninguén contestaba, empezouse a intenter cambiar a rutina que dende pequenos adquirimos; pero xa é demasiado tarde. Polo que nos como futuros mestres temos que intentar modificar esta situación, senón os nosos soños dunha escola activa, participativa nunca se poderán facer realidade. Supoño que deberiamos empezar a cambiar esta rutina en nos, pero resulta moi difícil.

0 comentarios